DE VIÑOS POR MONTERREI

A Ruta do Viño de Monterrei atópase situada ao sueste da provincia de Ourense, lindando coa fronteira de Portugal. Os seus viñedos aparecen estruturados en dúas subzonas perfectamente delimitadas pola súa orografía: o val de Monterrei e a ladeira de Monterrei. Nesta comarca atoparemos adegas que coroan espectaculares miradoiros na montaña e outras aos pés do val. Terra limítrofe co noso veciño Portugal, na que a historia de fronteira nos deixa como legado a fortaleza medieval de Monterrei. Espectacular paisaxe, coroada polas serras de Pena Trevinca, O Invernadeiro e San Mamede; fértiles terras preñadas de auga, nas que os ríos que nacen na montaña van deixando atrás pequenas fervenzas buscando o val, e numerosos mananciais mineromedicinais que as regan de vida e de saúde constituíndo hoxe uns recursos incomparables. Primeiros retrincos da conca do Douro, onde o seu afluente, o Támega, surca o territorio para penetrar xa en terras lusitanas; cara aquí vemos como se estenden os viñedos de Monterrei dende as ladeiras da montaña. Unha Denominación de Orixe nova nun territorio milenario.

CONTACTO

Avda. Luis Espada 73 baixo. 32600 Verín. Tel.: 988 590 007 Fax: 988 410 634
www.rutadelvinomonterrei.com  www.domonterrei.com  info@domonterrei.com

ADEGAS PARTICIPANTES

Os seus viños son fundamentalmente brancos, frescos, moi agradables e afroitados, cun excelente equilibrio entre alcohol e acidez, ben estruturados e golosos. Entre os tintos destacan esencialmente os xóvenes de gran viveza aromática, froitais, con corpo e moi expresivos aos que, pouco a pouco, se suman elaboracións máis exclusivas con gran complexidade e lonxevidade.

E ADEMAIS DOS VIÑOS, PODERÁS VISITAR


  • O Castelo dos Condes de Monterrei, monumento nacional
  • A Ruta da Prata pola vila de Verín
  • A igrexa de San Salvador de Vilaza e o seu campanario rectangular do s.XII
  • A igrexa prerrománica de Mixós
  • O templo parroquial de Retorta, un raro exemplo de arte gótica rural
  • O Parque Natural do Invernadeiro
  • Os castros de San Millao e de Saceda

COÑECE AS NOSAS ACTIVIDADES

VISITA Á ACRÓPOLE DE MONTERREI

O concello de Monterrei organiza visitas guiadas gratuítas ao conxunto da acrópole de Monterrei.

ARMONÍA DE VIÑOS DE MONTERREI E QUEIXOS DO MUNDO

Realización dun obradoiro gastronómico gratuíto organizado pola Ruta do Viño, no que os participantes probarán queixos de diferentes partes do…

Usamos cookies propias y de terceros con el fin de ofrecerte una experiencia de mejor calidad. Por favor, revisa nuestra política de cookies y acepta su uso para disfrutar de una experiencia completa. Más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar