DE VIÑOS E TURISMO

Achegándote a calquera das cinco Rutas dos Viños de Galicia poderás facer unha orixinal viaxe en torno á vide e ao viño. Tanto en parella como en compañía da túa familia ou dos teus amigos, propoñémosche un paseo entre viñedos.

A celebración das VIII Xornadas de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia -que terán lugar as fins de semana do 7, 8 e 9 de xuño nas Rías Baixas e no Ribeiro e o 14, 15 e 16 en Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras – bríndanche a escusa perfecta para non demorar máis esta experiencia. Podes optar entre as sobranceiras paisaxes de Monterrei presididas pola súa impoñente fortaleza medieval, as do Ribeiro e súa antiga historia vitivinícola, as das Rías Baixas e os seus pazos e xardíns históricos, as da Ribeira Sacra, cheas de maxia de corte monacal ou as de Valdeorras, territorio de senlleiras covas… Paisaxes que mudan as súas cores e texturas con cada estación do ano.

Aproveita esta ocasión para coñecer non só as grandes adegas galegas, de modernas construccións, senón tamén aquelas máis pequenas, acolledoras e familiares, onde os colleiteiros che amosarán con agarimo o seu coidadoso traballo.

EN QUE CONSISTEN AS VIII XORNADAS DE PORTAS ABERTAS?

Durante as fins de semana do 7, 8 e 9 e do 14, 15 e 16 de xuño poderás facer visitas guiadas e gratuítas ás adegas participantes nesta promoción. Todas terán as súas portas abertas para ti durante a fin de semana da campaña*. Ao finalizar a visita ofreceranche como agasallo unha degustación dos mellores viños de Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra ou Valdeorras. Tamén atoparás restaurantes onde poderás escoller entre dous menús concibidos especialmente para esta ocasión. Os menús compoñeranse de primeiro e segundo prato -maridados ambos con viños da Denominación de Orixe na que te atopes- e sobremesa. Algúns dos restaurantes adheridos tamén ofrecerán menús infantís para os nenos menores de 12 anos que acompañen aos adultos.

En cada Ruta poderás atopar ademais un programa especial de actividades para a fin de semana: autobuses do viño, catas comentadas, visitas a museos, rutas monumentais, paseos en barca, descontos en aloxamentos e outras accións relacionadas co mundo do viño.

*Realizaranse tres visitas guiadas o sábado e unha o domingo co seguinte horario de atención ao público:
Sábado: 11.30h ,13.00h e 17.00h – Domingo: 12.00h

Recoméndase confirmar a visita vía telefónica coa adega correspondente

Participa no sorteo de billetes para os Trens Turísticos de Galicia (máis información en www.turismo.gal)

Usamos cookies propias y de terceros con el fin de ofrecerte una experiencia de mejor calidad. Por favor, revisa nuestra política de cookies y acepta su uso para disfrutar de una experiencia completa. Más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar