DE VIÑOS POLAS RÍAS BAIXAS

A Ruta do Viño das Rías Baixas é a máis occidental da xeografía galega, estendéndose dende a desembocadura do río Miño, na fronteira con Portugal, ata o sur da provincia da Coruña, moi preto de Santiago de Compostela. Constitúe a Ruta galega de maiores dimensións, con cinco subzonas de produción vitivinícola; de sur a norte: O Rosal, Condado de Tea, Val do Salnés, Soutomaior e Ribeira do Ulla. Tamén é o territorio con maior tradición como Ruta do Viño e conta con varios itinerarios deseñados que cobren as distintas subzonas. Pertence ao clube das Rutas del Vino de España e figura na Guía de Rutas Enológicas Accesibles para Todas las Personas editada pola Plataforma Representativa Estatal de las Personas con Discapacidad Física (PREDIF).

Na Ruta do Viño Rías Baixas mestúranse tradición e modernidade nunha fusión perfecta de pazos históricos con espectaculares xardíns, nos que non faltan as fermosas camelias, adegas adaptadas ás últimas tecnoloxías ou impresionantes miradoiros dende os que se pode comprobar a importancia da influencia atlántica nos viños. As paisaxes de ensoño compleméntanse cunha enogastronomía da calidade, ofrecendo aos visitantes unha experiencia única e inesquecible.

Os viños das Rías Baixas caracterízanse por estar elaborados con uvas autóctonas, principalmente brancas, tendo como gran protagonista a variedade Albariño (aproximadamente o 95% da produción), de cor marelo palla con ribetes dourados de potentes e nobres aromas, afroitados e florais, envolventes e embriagadores, que acompañan o seu paso por boca con carnosidade e untuosidade. A personalidade única das súas variedades e viños son consecuencia das peculiaridades do seu territorio, o seu clima, as súas xentes e a súa cultura. Unha terra chea de matices que se reflicten nos seus viños…

CONTACTO

Rúa Príncipe 10, Pazo Torrado. 36630 Cambados. Tel.: 986 091 088 / 687 523 230
www.rutadelvinoriasbaixas.com  info@rutadelvinoriasbaixas.com

ADEGAS PARTICIPANTES

 

E ADEMAIS DOS VIÑOS, PODERÁS VISITAR


  • O conxunto histórico de Cambados
  • Os miradores de Monte Lobeira e Monte Siradella
  • A capela románica da Nosa Señora da Lanzada
  • O mosteiro de Armenteira
  • Salvaterra de Miño e a súa fortaleza de fronteira
  • O Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea “Arabo”
  • O Monte Santa Tegra, co castro e as vistas sobre a foz do Miño
  • O conxunto etnográfico dos Muíños de Folón e Picón

COÑECE AS NOSAS ACTIVIDADES

VISITAS TEATRALIZADAS NO PAZO DE FEFIÑÁNS

As adegas do Pazo de Fefiñáns (Cambados), Gil Armada e Bodegas del Palacio de Fefiñanes, acollerán en conxunto o día 8 de xuño tres pases teatrais e o domingo día 9…

SHOWCOOKING E CATA MARIDAXE EN ADEGA EIDOS

Showcooking coa preparación de tres tapas no que os asistentes poderán ver en directo a súa elaboración. Degustación dos pratos elaborados maridados con tres viños da propia adega.

Usamos cookies propias y de terceros con el fin de ofrecerte una experiencia de mejor calidad. Por favor, revisa nuestra política de cookies y acepta su uso para disfrutar de una experiencia completa. Más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar