DE VIÑOS POLA RIBEIRA SACRA

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra esténdese entre as provincias de Ourense e Lugo, marcando o seu límite natural o propio leito do río Sil, que nuns poucos quilómetros irá acompañado tamén polo seu eterno compañeiro, o Miño. Todos os concellos da ruta están distribuídos entre cinco subzonas de produción: Amandi, Chantada, Quiroga-Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil; un extenso territorio no que o tempo se para para facerche gozar dunha terra que comparte a súa beleza paisaxística coa maxia dun rico patrimonio monumental de corte monacal. Terra marcada pola confluencia dos ríos Miño e Sil, cuxos sucos van marcando encaixados canóns de maxestosa beleza, que chegan a alcanzar no seu punto máximo ata os 500 metros de profundidade. Aquí, o noso itinerario vainos introducindo nunha experiencia chea de aventura.

Ladeiras escarpadas ao carón da nosa estrada, canóns vertixinosos ao outro, e na súa paisaxe viñedos e soutos de castiñeiros se intercalan nun eterno entendemento, sendo de aquí en diante os nosos fieis compañeiros de viaxe. Pero, se espectacular é o noso traxecto por estrada, aínda pode selo máis por auga. Alguén cualificou estes canóns como os mares interiores de Galicia e tanto o Sil como o Miño posúen cursos fluviais navegables en catamarán. Dende a auga podemos divisar a paisaxe de bancais, nos que as vides loitan por gañar terra á montaña. Mostras dunha paisaxe humanizada na que o esforzo humano e a paixón pola terra marcan a súa pegada. O traballo da viña na Ribeira Sacra é identificado e coñecido como “viticultura heroica” polo esforzo e tempo que supón poñer en produción vitivinícola o terreo.

CONTACTO

Rúa do Comercio 6-8. 27400 Monforte de Lemos. Tel.: 982 410 968 Fax: 982 411 265
www.rutadelvinoribeirasacra.org  rutavino@ribeirasacra.org

ADEGAS PARTICIPANTES

Este esforzo “heroico” tradúcese no seus viños. Os brancos son afroitados e cun fino toque de acidez, cun lixeiro retrogusto e delicada presenza no padal. Os tintos destacan polos seus aromas limpos, elegantes e intensos, e a súa cor cereixa brillante con ribetes púrpura. Equilibrados e ben estruturados, resultan uns viños redondos e amplos en boca.

E ADEMAIS DOS VIÑOS, PODERÁS VISITAR


  • O canón do río Sil e os seus miradoiros
  • O mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, convertido en Parador
  • O mosteiro escavado de San Pedro de Rochas, un dos máis antigos
  • O núcleo alfareiro de Niñodaguia
  • O mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo
  • O mosteiro co templo de arte herreriana de Montederramo
  • O mosteiro románico de Santa Cristina de Ribas de Sil
  • O castelo de Castro Caldelas
  • Montefurado, o túnel escavado polos romanos para extraer ouro
  • O Monforte de Lemos medieval e o seu Centro do Viño
  • As igrexas de San Fiz de Cangas e San Miguel de Eiré
  • O mosteiro cisterciense das Bernardas de Ferreira de Pantón
  • As rúas asoportaladas de Chantada
  • A igrexa de Santa María de Pesqueira, ubicada nun entorno máxico
  • As igrexas de Santo Estevo de Ribas de Miño e San Paio de Diomondi
  • San Martiño da Cova e a vista sobre o Cabo do Mundo

COÑECE AS NOSAS ACTIVIDADES

VISITA AO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO VIÑO

Visita gratuíta e guiada ao Centro, incluido unha degustación de viño.

RUTA DO ROMÁNICO EN PANTÓN

Ruta gratuíta, inclúe visitas ao Mosteiro do Divino Salvador, San Miguel de Eiré, Santo Estevo de Atán e San Vicente de Pombeiro con guía especializado en Románico.

Usamos cookies propias y de terceros con el fin de ofrecerte una experiencia de mejor calidad. Por favor, revisa nuestra política de cookies y acepta su uso para disfrutar de una experiencia completa. Más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar