DE VIÑOS POLO RIBEIRO

Moi preto da cidade de Ourense atopamos a Ruta do Viño do Ribeiro. Está situada na zona occidental desta provincia e os seus viñedos esténdense dende os 75 ata os 400 metros de altitude, sobre vales e ladeiras de acusada pendente. Para facilitar o seu cultivo, xeracións de agricultores fabricaron valos e terrazas, traballando a pendente en bancais, denominados tradicionalmente «socalcos» ou «bocarribeiras». É esta a comarca máis antiga de Galicia en canto á producción de viño, situada na confluencia dos vales dos ríos Miño, Avia, Arnoia e Barbantiño, onde os típicos sabugueiros e amieiros mecen as súas pólas sobre as beiras dando sombra aos relanzos de auga.

No horizonte, unha paisaxe salpicada de pequenas leiras na que se intercalan estes bosques de ribeira coas hortas familiares e os viñedos. Estes últimos aparecen ante os nosos ollos como testemuñas do tempo, cuxa historia nos somerxe nunha época medieval. Cando os reinos ibéricos aínda buscaban a súa forma no resto da península, os monxes do Císter asentados no Mosteiro de San Clodio desenvolvían esta industria vitivinícola, coidando e estudando con grande esmero as variedades autóctonas que hoxe en día nos dan prestixio en todo o mundo. Dende o Miño o viño do Ribeiro embarcaba rumbo a América e Inglaterra, e ao abeiro do Camiño de Santiago chegaría tamén ao resto de Europa da man dos comerciantes xudeus, os cales deixarían o seu sinal no lugar (barrio xudeo de Ribadavia).

CONTACTO

Praza Maior s/n. 32400 Ribadavia. Tel.: 988 477 100 Fax: 988 477 101
www.rutadelvinoribeiro.com  ruta@rutadelvinoribeiro.com

ADEGAS PARTICIPANTES

Os viños do Ribeiro posúen unha personalidade única, que lles confiere a sabia combinación das variedades autóctonas, e unha tradición de séculos. O viño branco do Ribeiro, considerado un dos mellores do mundo, é un viño limpo e transparente, sutil no olfato, con exquisitos aromas de flores e froitas. Os viño tintos son vivos, con tonos brillantes de bermello picota, intensos en nariz e amplos e expresivos en boca. O viño tostado é un viño doce, elaborado co mosto das mellores uvas convenientemente pasificadas. A súa produción é laboriosa e complexa, unha auténtica xoia da enoloxía de características únicas.

 E ADEMAIS DOS VIÑOS, PODERÁS VISITAR


  • Ribadavia e o seu barrio xudeu
  • A igrexa prerrománica de San Xes de Francelos
  • A pintoresca aldea de Pazos de Arenteiro
  • O Monumento Natural de Pena Corneira
  • O mosteiro de San Clodio, Monumento Histórico Artístico Nacional, pioneiro no cultivo da vide
  • O Castro de San Cibrao de Las Viñas

COÑECE AS NOSAS ACTIVIDADES


SOMOS RIBEIRO, DO AVIA, DO MIÑO, DO ARNOIA

Durante a xornada do domingo teremos unha oportunidade única de descubrir os segredos dos tres vales vitivinícolas de referencia (Avia, Miño e Arnoia) a través…


SÁBADO DE TAPEO “CON SABOR A RIBEIRO”

Os restaurantes participantes na VIII Xornada de Portas Abertas presentarán unha oferta variada de petiscos que se poderán harmonizar cos viños das diferentes adegas…

Usamos cookies propias y de terceros con el fin de ofrecerte una experiencia de mejor calidad. Por favor, revisa nuestra política de cookies y acepta su uso para disfrutar de una experiencia completa. Más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar